martes, 15 de novembro de 2016

Un magosto con xogos tradicionais


O venres, once do once, celebramos no Uruguai o magosto. Mentres se asaban as castañas empezaron as competicións de lanzamento de buxainas, saltos de gomas, saltos á corda, carreiras de sacos, paseos de zancos, captura do pano, mariolas a pé, mariolas con chapas, só faltaron as chaves e os pellos que non son fáciles de conseguir.

Dúas precisións léxicas:

1. A BUXAINA tamén é coñecida como trompo, sevillana, piringüela. E se imos a un dicionario de sinónimos encontramos moitas máis maneiras de chamarlle: bailarete, besbella, borracha, pamponella, panquente, panxadoira, peón, pimpioneta. En castelán din peonza.

2. A MARIOLA coñécese tamén como cento, mariquitiña, montecachurra, pé manquiño, peletre, truco. Hai outro significado para esta palabra referido a un peixe: a barbada, a bertorella ou a faneca barbuda.  En castelán cando se refire ao xogo chámase rayuela.

3. OS PELLOS son os discos de ferro compacto que se lanzan no xogo da CHAVE. Tamén reciben ese nome as pedriñas pas ou cachos de baldosa que se utilizan na mariola. Curiosamente, no dicionario máis groso que temos, non aparece esta palabra. No de sinónimos tampouco. Menos mal que na Galipedia hai un artigo sobre o xogo da chave e maí si se lembraron desta palabriña.





































1 comentario:

  1. O pano podese xovar con diversas variantes: eu prefiro xogar sen eliminaciós, cun punto para cada equipo cada vez que gana unha carreira Tamén se pode xogar con dous panos, cada equipo ten un asignado e ten que tentar chegar a sua saída antes que o do outro equipo a súa. Tamen se pode xoga atando panos nos brazos e/ou pernas do do medio e os membros de cada equipo teñen que ir atandoos e desatandoos altenativamente ata que acabe un equipo; etc Luis M. Pousa

    ResponderEliminar

veña, dálle!