xoves, 26 de marzo de 2015

VIDEOS FERRAMENTAS e CULTIVOS

















                                        
Antes de rematar o segundo trimestre armámonos coa cámara e pegámoslles un pequeno repaso ás ferramentas usadas máis habitualmente na horta e aos cultivos que xa están en marcha.Seguiremos gravando á volta das vacacións porque quedaron sen presentar as plantiñas aromáticas que plantamos o ano pasado, a espiral que estamos montando este ano, a hortiña de Rosa Romero e moitas cousas máis. Fixestelo moi ben!







22 comentarios:

  1. Gustaríame poder traballar por toda a horta, nos morodos, nas cebolas, arredor da maceira. Poder facer os meus propios cultivos, axudar a limpar e ir cando quixera, nos recreos, para ver como anda todo. Todos os días deberiamos ir unha hora.
    AENIA

    ResponderEliminar
  2. O que máis me gusta da horta é andar a xuntar pedras, sachar e plantar flores.
    Tamén me gusta andar a apañar paus para facer cercados. Encantaríame que houbese cenorias, melóns e patacas.
    NAZ

    ResponderEliminar
  3. Na horta aprendemos moitas cousas sobre tipos de plantas e facemos actividades moi divertidas como andar sobre a herba cando está moi medrada, serrar madeira para os cercados, sachar e así. Se a horta fose un lugar público de acceso libre poderiamos colaborar no tempo libre de maneira voluntaria.
    SABES

    ResponderEliminar
  4. Gústame baixar á horta porque aprendemos a sachar, a rastrelar, a plantar e é moi divertido. O que máis me gusta é ir coller o compost ao terreo que bordea a autoestrada, alí hai unha terra moi boa. O que non me gusta é que só plantamos nunha parcela. A min, como a AENIA, gustaríame plantar o meu cachiño e supervisalo sempre que baixamos.
    ROGI

    ResponderEliminar
  5. A horta do ROU está situada na parte traseira do instituto e alí imos algunhas veces para traballala. Eu pásoo ben traballando cos meus compañeiros. Gustaríame traballar todo o terreo e mantelo limpo, porque ás veces topamos cousas raras como bolis, cascos, plásticos, estoxos, lapis de labios.
    Mesmo unha vez apareceron as chaves dun coche!
    LEGNA

    ResponderEliminar
  6. A min tamén me gusta baixar á horta, é xenial. Pasámolo ben traballándoa. O que menos me gusta é que pasamos moito tempo limpando e case non dá para máis. O que podería mellorar é que cada alumno tivese o seu cachiño para cultivar o que cada un quixese, e así todos teriamos labor e non habería grupos enredando.

    ResponderEliminar
  7. O que máis me gusta da horta é cando sachamos a terra e cando plantamos cousas. O que non me gusta da horta é que non se nos deixe usar o fouciño. Sempre imos cando vai bo día. Gustaríame levar para a miña casa morodos e leituga e tamén cebolas. O ano pasado foi moi divertido cando puxemos o espantallo. Eu por min traballaría en toda a horta, ou mellor, no meu propio cachiño.

    LEUNAM

    ResponderEliminar
  8. O que máis me gusta da horta é cando preparamos a terra e nos poñemos a sementar. Tamén me gusta moito cando na aula nos poñemos a preparar as cousas da horta, como os cartaces para as cousas que xa temos plantadas ou cando a profe se pon a explicar o que imos facer. Coa horta aprendemos moitas cousas: a plantar e que non che morra, o uso das ferramentas, a reciclaxe de botellas de plástico como pequenos invernadoiros. O que máis me gustaría facer é traballala toda e ir cando eu queira ver como está todo, plantar cousas novas, flores, aromáticas e árbores froiteiras. Deberiamos ir máis horas á semana. Tamén estaría ben levar para casa o que plantamos.
    AOHNIA

    ResponderEliminar
  9. Hola, k tal estan???
    O outro dia na clase comenteille a miña profesora a idea de ter unha horta no instituto e dixome k o ia falar cos outros profesores, k ben!!!
    Dixenlle k sakei a idea deste blog e nos puxemos a velo todos xuntos na clase. Os meus compañeiros e compañeiras e gustaronlle moito a idea de ter unha horta, sobretodo a idea de plantar cousas como flores, plantas aromáticas e árbores froiteiras. Se temos un poukiño de sorte, dentro de pouko teremos a nosa horta!!!
    Saudos, mandobos unha forte aperta.
    BICOSS

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pirulosoo e Wiky2227 de abril de 2015, 04:55

      Olaaaa!!! Somos dous alumnos deste centro e encántanos que comentes neste blogge, a verdade é que a idea da horta é moi boa. Pasámolo macanudamente ben, temos que felicitar ao profesorado grazas pola gran idea, de verdade encántanos. Facemos un montón de exercicios relacionados con este tema, ademais de divertido tamén apredendemos a falar mellor galego, temos moiiiiitas cousas plantadas e está todo fermoso: Leitugas, limoeiro, allos, brécol, chícharos, morodos, tulipáns, frexias (non "fresas"haha), xirasois... é unha nogueira plantada por nós e que vai saír avanti grazas a axuda de todos os neniños e neniñas. Esperamos que faiades o mesmo no voso centro. BICOS <3 :D

      Eliminar
    2. Olaa!!
      Pois si, a idea da horta é boísima, a nós encántanos porque aprendemos un montón dos cultivos, ademáis ya plantamos moitas cosas e todas van avanti!
      Eu espero que tamén o fagades no voso centro! <3
      BICOOS <3 <3

      Eliminar
    3. Ola, pois si, o imos facer tamen no noso centro, xa empezamos a plantar unha flor chamada Hibisco, e tamen imos facer un campiño de QUINOA. Alegrome moito de k no voso centro vaya todo moi ben e espero k no noso vaia tan ben como a vos os va.
      Bicos dende Mexico! :) <3

      Eliminar
  10. Que tal, Marta? Preguntámonos cal é o voso instituto e dende onde nos falas. Moitos ánimos para montar esa horta porque de verdade paga a pena. Un saúdos de todos os agrarios do ROU!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola,Son de madrid, pero estou vivindo en Mexico, un lugar moi lindo!
      E vos, de onde sodes?
      Atapronto, seguiremos vendo o blog todos xuntos, de parte da miña profesora, o blog esta moi lindo. Encantoulle!
      Bye!

      Eliminar
    2. Ola, Marta. Nós estamos en Galicia, nun centro educativo público de ensinanza secundaria, na cidade de Vigo. Somos uruguaios de nome, en honor ao pobo do Uruguai onde viviviron e viven moitos galegos dende hai xa moito tempo. O alumnado de 1º de secundaria está alucinando que o noso caderno se estea vendo en México e que dende alí nos fale unha madrileña que escribe en galego. Todos queren saudarvos e todos se preguntan onde aprendiches a escribir en galego, Marta. Como se chama o voso centro? En que cidade estades? Que idade tendes? Que vos gustaría cultivar? Gustaríavos coñecer Galicia? Tendes hortos na casa? Cando empecedes, podedes montar un blog cos labores da horta onde poderemos intercambiar experiencias e fotografías.
      Un saúdo uruguaio dende Vigo de Ainea, Izan, Alejandro, Sebas, Igor, Angel, Aldara, Xandre, Cristofer, Ainhoa, Manuel, Adrián, Nerea, Nico.......

      Eliminar
    3. Eu a prendin a falar galego por que a miña avoa materna e galega, ela ensinoume afalr o galego, ainda que algunhas cousas axudome do traductor.O noso centro eo Instituto De Mexico De Puebla. Temos 13, 14 anos, imos no curso de 2ºESO, queda en El Antiguo Camino Real a Cholula.
      Si k nos gustaria coñecer Galicia,temos visto imaxes polo ordenador e e moi linda! Alguns compañeiros sik teñen horta nas suas casas, eu non teño, pero os fines de semana vou a casa dunha amiga a axudala coa sua horta. Aos meus compañeiros gustarialle plantar cousas de España, se embrago a min gustariame plantar cousas de aki, de Mexico. A idea de facer un blog e moi boa,a profesora encantoulle iso de facer un blog,dixo k cando emcemos coa horta imos de facer o blog. Nos preguntamonos k e o k cultivades vos na vosa horta?
      Saudos dos meus compañeiros e da miña profesora. Atapronto!

      Eliminar
    4. ola, chamome Xandre
      nós cultivamos:Cebolas,chícharos,leitugua,cabazas,allos,morodos,limoeiro,unha maceira,tomates,flores,menta,caléndulas,ourego, tormentelo, millo e todo o que se nos poña por diante.
      A min o que máis me gusta da horta é sachar co sacho grande e co pequeno

      XANDRE

      Eliminar
    5. ola Xandre,que tal estas?
      Xa o temos confirmado, imos ter a nosa propia horta! Estamos moi contentos coa decision dos profesores e moi pronto a miña profesora vaise por a facer o blog. Temos pensado que o primeiro que imos plantar cando teñamos preparada a horta e unha flor que se chama hibisco, a profesora dixonos que ai de aguantar ben co noso clima.
      Moitos bicos!!!

      Eliminar
    6. Parabéns por esa estupenda decisión. A idea do hibisco é magnífica. Estivemos falando no grupo sobre os cultivos e parece que todos temos claro que os cultivos autóctonos son máis fáciles de sacar para diante que os deoutras latitudes. Consultamos na rede sobre vexetación mexicana e tendes unha variedade espectacular de cultivos tanto ornamentais como alimentarios. A nós encantaríanos probar coa QUINOA e co AMARANTO. Seguiremos poñendo no blog fotografías do progreso dos nosos cultivos. Un saudiño dende Vigo!

      Eliminar
    7. ola, disculpade por tardar tanto en contestaros, e k no instituto kedamonos sen internet. Xa plantamos os hibiscos e moi pronto imos facer un campo de QUINOA, imos tardar un pouko en facer o blog pork ainda non sabemos moi ben como bai todo iso para facelo. Cando cheguei a Mexico por primeira vez, kedei asombrada coa variedade de cultivos k temos. Moitos bicos.
      Atapronto! <3 :)

      Eliminar
  11. Encántame traballar na horta. Gústame plantar patacas, rastrelar a terra, sacar as malas herbas, traballar cos meus compañeiros...cando imos con Rosa Romero só traballamos nunha zona, e cando imos con Rosa Martinez traballamos noutra zona. Non me gusta que algúns compañeiros traballan moitisimo e outros están na parede falando. Gustaríame que a horta tivese un metro cadrado para cada froita. Tamén me gustaría que a horta tivese unha corte para animais.
    NAIDRA

    ResponderEliminar

veña, dálle!